CRTVG

Buscar

A estrada N-120 seguirá cortada toda a fin de semana en Ourense

Publicado o 09/11/2019 13:31
A estrada N-120 seguirá cortada toda a fin de semana en Ourense

A estrada N-120 (Logroño-Vigo) permanecerá pechada durante toda esta fin de semana á altura do punto quilométrico 563, en Ourense, debido ao desprendemento de rochas sobre a vía.

Xa se estableceron desvíos provisionais pola N-120, ata que os equipos de conservación sexan quen de despexar a estrada.