A estación intermodal de Santiago entrará en funcionamento a principios de outono
Publicado o 02/06/2020 15:24
A estación intermodal de Santiago estará funcionando a principios de outono.
Anunciouno a conselleira de infraestruturas tras manter unha xuntanza co concello de Santiago e coa xestora do transporte urbano, coa que este mesmo mes asinará un convenio para a licitación e contratación dos servizos da nova estación.
Ethel Vázquez avanzou que a nova intermodal prevé acadar os dous millóns de usuarios ao ano, un dez por cento máis dos que conta actualmente.