CRTVG

Buscar

A estación espacial Tiangong 1 podería caer esta fin de semana ao norte de Portugal

Publicado o 30/03/2018 21:31

O Centro Español de Vixilancia e Seguemento espacial ten todos os ollos postos sobre a estación espacial Tiangong1. Os chineses perdéronlle o control hai dous anos e todo apunta a que  esta fin de semana vai caer definitivamente a terra. Non descartan que unha das zonas de impacto posible inclúa o norte de Portugal.  A estación orbital é un pequeno laboratorio do tamaño dun autobús e os chineses aseguran que se vai pulverizar totalmente en contacto coa atmosfera. Din que a posibilidade de que un anaco toque a algunha persoa é dunha entre un billón, con b. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2018