A estación depuradora de Teo sofre avarías acotiío pola acumulación de toalliñas hixiénicas
O xesto de tirar unha toalliña polo inodoro, que parece inocente e inocuo, convértese nun problema de grandes dimensións cando chegan milleiros ás estacións depuradoras de augas residuais. A diario teñen que desatascar as bombas e turbinas pola acumulacións destes residuos e doutros moitos que acaban na rede de sumidoiros. Nesta EDAR de Calo, que dá servizo aos concellos de Teo e Ames, aínda o tiveron que facer esta mañá.
Os responsables destas instalacións fan un chamamento á poboación para que se conciencie da importancia de que este tipo de residuos non acaben na rede de sumidoiros. Ten un custo económico moi alto e acaba repercutindo no prezo que pagamos polo servizo.
Como exemplo, en 2018 a empresa de augas de Santiago cifraba nuns 100 mil euros o gasto en limpeza e avarías na rede.