CRTVG

Buscar

A esquiadora estadounidense Lindsey Vonn, premio Princesa de Asturias dos Deportes 2019

Publicado o 15/05/2019 16:59
A esquiadora estadounidense Lindsey Vonn, premio Princesa de Asturias dos Deportes 2019

A esquiadora estadounidense Lindsey Vonn, campioa olímpica e dobre ouro mundial, foi distinguida este mércores co Premio Princesa de Asturias dos Deportes 2019. 

Vonn, retirada este ano da competición profesional tras 19 tempadas e co récord feminino de 82 vitorias na Copa do Mundo, conta con oito medallas en Campionatos do Mundo (dous ouros, tres pratas e tres bronces) e tres en Xogos Olímpicos, un ouro e dous bronces.

Este galardón, ao que optaban vinte candidaturas de oito nacionalidades, é o cuarto en resolverse dos oito premios que anualmente concede a Fundación Princesa de Asturias, tras o de Cooperación Internacional, concedido a Salman Khan e a Khan Academy; o das Artes, ao dramaturgo británico Peter Brook, e o de Comunicación e Humanidades, ao Museo do Prado.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí