CRTVG

Buscar

Enquisa de 'El Mundo': a esquerda gobernaría na Comunidade de Madrid

Publicado o 15/05/2019 12:51
Enquisa de 'El Mundo': a esquerda gobernaría na Comunidade de Madrid

Enquisa do xornal El Mundo para a Comunidade de Madrid.

Titulan que a esquerda recuperaría o goberno da autonomía despois de 24 anos. O PSOE sería o gañador das eleccións e tería opción de situar a Ángel Gabilondo como presidente se pacta a tres bandas con Más Madrid, de Íñigo Errejón, e con Unidas Podemos.

E tamén publican enquisa sobre o concello de Madrid, onde Manuela Carmena seguiría como alcaldesa e se convertería na opción máis votada, con case un 35% dos votos. Podería gobernar pactando co PSOE. Segundo esta sondaxe, o PP cae máis de dez puntos en porcentaxe de voto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019