A esperanza de vida dos galegos sitúase por primeira vez por riba dos 83 anos
Publicado o 29/03/2019 15:35
Os galegos vivimos máis cada día. Os últimos datos do Instituto Galego de Estatística reflicten un novo récord. Superamos os 83 anos e supérase así por vez primeira a barreira dos 83. Son os datos que corresponden á análise de 2017. A media é exactamente de 83,3. Trátase dunha estimación dos anos que vivirá unha persoa en caso de que as condicións de mortalidade se mantivesen constantes con respecto á medición anterior.
Con todo, ás que máis vivimos seguimos sendo as mulleres que temos unha esperanza de vida de 86,3 anos fronte a dos homes que está nos 80,2. Un dato máis: os que cheguen ata os 65 vivirán de media 21,6 anos máis.