CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A Esmorga segue nas carteleiras dos cines sete semanas despois da estrea

Publicado o 30/12/2014 21:47
O que xa é un éxito de público é a película 'A Esmorga', co-producida pola Televisión de Galicia. Remata o ano convertida na primeira longametraxe, rodada integramente en galego, que acada a sua sétima semana en carteleira.

37.500 espectadores viron xa esta adaptación cinematográfica da novela de Blanco Amor, interpretada por Karra Elejalde, Miguel de Lira e Morris. Estreouse o 21 de novembro, con 18 copias, distribuidas en cines das principais cidades galegas. Vigo encabeza, con 8.600, o ranking de espectadores.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

30/12/2014