A escuma cobre o porto da Guarda e algunhas zonas de Baiona
As ondas de máis de nove metro de altura, os fortes ventos e a preamar deixaron de novo o porto da Guarda cuberto de escuma. No concello máis meridional de Galicia xa están afeitos a este fenómeno que se repite cada inverno coas cheas e os temporais.
Pero non todo o mundo toma as precaucións axeitadas. Algúns vehículos quedaron soterrados e o grupo municipal de urxencias e salvamento tivo que acordoar a zona. A escuma chegou tamén ás praias de Area Grande e Fedorento.
A mesma estampa producíuse en Baiona, onde o fenómeno e algo menos habitual. Cubriu o areal da Cuncheira, o parque da Palma e a entrada ao Parador. Na illa de Toralla non foi a escuma senón a forte ondada a que mantivo alerta á poboación durante a noite. O peor foi para os coches estacionados máis preto do mar que agora sufrirán as consecuencias da auga salgada.