CRTVG

Buscar

A escultura dun xabaril convértese nun reclamo turístico en Mañón

Publicado o 22/04/2021 14:43

As vacas que pastan polas Grañas do Sor de Mañón, ao pé da estrada que une As Pontes con Ortigueira, teñen un novo e famoso acompañante. Un xabaril que naceu da cepa dun piñeiro e da habilidade coa motoserra de Florin Sas.

O resultado foi tan exitoso que se converteu en parada obrigada para tomar unha foto dos que pasan por alí. Tanto que ata o propio Florin tivo que facer ringleira para fotografar a súa obra.Afincado desde hai 16 anos anos en Viveiro, a onde chegou desde Romanía, Florin está moi sorprendido pola repercusión que tivo o xabaril. Recoñece que na vida fixera ningunha escultura, malia que polo seu traballo pasa o día cortando madeira.

Tanto gustou que xa recibiu varias encargas, se ben de momento Florin dedica o seu pouco tempo libre a tallar outras figuras relacionadas coa caza e a natureza a carón do xabaril. A comunidade de montes xa lle deu o seu consentimento para asentar o seu pequeno museo ao aire libre.

Noticias web

22/04/2021