CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A escritoria Úrsula Heinze presenta a súa última obra, "...e os domingos, un croissant"

Publicado o 23/04/2015 21:28




A escritora Ursula Heinze acaba de presentar o seu último libro, "...e os domingos, un croissant". É un diario da súa estadía nun psiquiátrico do Pino, preto de Santiago. Falamos con ela esta tarde.

Así sentenza Úrsula Heinze a súa experiencia no psiquiátrico La Robleda do Pino. O día a día nun centro así, onde en teoría está a xente que realmente ten problemas, sérvelle á escritora para mostrar a outra cara dun mundo ao que só temos acceso a través da ficción, onde só atopamos estereotipos. Heinze, de orixe alemá pero afincada en Galicia desde a década dos 60, quere rematar con este retrato, a súa produción literaria.
"Aquí no sanatorio, di a escritora, podemos vivir como realmente somos. Fóra, o mundo é real pero, para sobrevivir, temos que disfrazarnos". O título da obra é un canto ao extraordinario da vida nun psiquiátrico no que os días son todos iguais.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

23/04/2015