CRTVG

Buscar

A escritora chantaxeada para recuperar o borrador dunha novela xa traballa de novo no manuscrito

Publicado o 14/02/2020 13:50

O pasado 3 de febreiro, Lucía Lourido aproveitou o bo tempo para ir traballar á praia de Lourido, en Poio, no borrador do seu novo libro. Nun momento de descanso decidiu dar un paseo de só tres minutos pola beira do mar. Cando volveu á toalla, o seu portátil e un bolso, con dous móbiles e outros obxectos persoais, desapareceran.

Dez días máis tarde, a Garda Civil detivo unha moza pontevedresa de 18 anos que, tras ver nas redes sociais a mensaxe de Lucía, que ofrecía 1.000 euros de recompensa a quen lle devolvese os obxectos, púxose en contacto con ela e intentou chantaxeala.

As dúas acordaron quedar nun bar de Poio e a rapaza pretendía cobrar os cartos, pero só devolver un USB co borrador da obra. O documento xa volve estar nas mans de Lucía, pero o lapis de memoria, ao non pertencer á autora, está a disposición xudicial.

A moza detida, que xa tiña antecedentes policiais, pasou a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Pontevedra, onde se decretou a súa liberdade provisional con cargos. A investigación continúa aberta para recuperar a totalidade dos obxectos roubados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2020