Zigzag diario
A escritora Mercedes Queixas presenta dúas novas obras
Publicado o 25/01/2018 16:58
Boas novas son sempre os libros que veñen polo camiño e tamén os que chegan voando ata este plató. Ata aquí chegou Xandra, desde a serra do Courel, trae soños de liberdade e algún verso de Novoneyra prendido no pico.
'Xandra, a landra que quería voar' é un dos últimos traballos de Mercedes Queixas.