A escritora Eva Mejuto recibe o premio Club de Lectura 21

Os clubs de lectura das bibliotecas escolares galegas celebraron en Santiago unha xornada de encontro presencial. Alí recolleu o premio Club de Lectura 21 a escritora Eva Mejuto, en presenza do presidente da Xunta.
Alberto Núñez Feijóo aproveitou para salientar a importancia destes clubs e para agradecer o labor da comunidade educativa por afrontar con éxito o que cualificou como o curso "máis difícil da nosa historia".
Día Mundial do Medio Ambiente
E para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora o 5 de xuño, o mandatario galego deu un paseo pola senda peonil de oito quilómetros que acaba de rematar a Xunta entre A Lanzada e Portonovo.
Investíronse oito millóns nesta estrutura integrada nunha paisaxe protexida. Di Feijóo que esta obra contribúe a unha mobilidade sostible e anuncia que van facer unha semellante entre Pontevedra e Sanxenxo.