CRTVG

Buscar

A escritora Chus Pato xa é membro da Real Academia

Publicado o 23/09/2017 15:06

Trátase da sexta muller que forma parte do plenario actual. Chus Pato leu o seu discurso de ingreso no Instituto Otero Pedrayo de Ourense, onde estudou. Un discurso no que reflexionou sobre a creación poética e sobre a relación que mantén a poesía coa linguaxe a filosofía. Tivo unha especial lembranza para Xohana Torres, académica, recentemente falecida e para o escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro, tamén falecido. Ela ocupa a súa vacacente na Academia.Francisco Fernández Rei foi o encargado de darlle a benvida a institución. Durante a súa intervención destacou o carácter innovador a poética de Chus Pato á que definiu como unha das figuras de maior proxección internacional da poesía galega contemporánea.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/09/2017