CRTVG

Buscar

A Escola de Música de Ourense cumpre 20 anos formando aos máis pequenos

Publicado o 06/12/2017 21:54

Cada vez son máis os nenos que comezan dende ben pequenos a tocar un instrumento. Na Escola Municipal de Música de Ourense levan 20 anos formando cativos dende os catro anos e tamén adultos. E son moitos os estudos científicos que aseguran que tocar un instrumento ten moitos beneficios para o cerebro, mellora a concentración, a coordinación, a memoria e tamén axuda a relacionarse cos demáis.

Con catro anos, comezan o seu acercammento á linguaxe musical, inícianse en Música e movemento dun xeito lúdico. 

Ata os sete-oito anos non comezan a tocar un instrumento pero hai unha clase especial en que aprenden da man dos pais ou nais. Quela ten 5 anos e con catro xa tocaba unha morea de pezas co violín. 

A música é un medio de expresión cheo de beneficios para o cerebro, porque require un grande adestramento mental. 

E tocar un instrumento axuda tamén a relacionarse cos demáis e a traballar en grupo. Para que unha orquestra soe ben o conxunto ten que ter armonía. 

Na Escola Municipal de Música de Ourense levan 20 anos formando a pequenos e tamén a maiores. Din que o ideal é comezar en idades temperás, pero non hai idade para aprender e gozar do pracer de facer música.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2017