CRTVG

Buscar

A escola de hostalaría de Carballo cociña para as familias vulnerables

Publicado o 28/04/2020 14:38

A crise do coronavirus non ha deixar fame en Carballo. Iso pretende a Escola municipal de Hostalería cunha iniciativa que permitirá a 28 familias recoller comidas en días alternos. Un equipo de voluntarios encárgase do repartimento.

Fernando Agrasar forma parte do equipo de cociñeiros solidarios que impulsa o asturiano afincado nos Estados Unidos, Jose Andrés. O chef galego subliña a implicación de varias empresas que subministran as materias primas, e tamén do alumnado, que se implicou na tarefa na súa totalidade.

Menús variados dos que se benefician inicialmente noventa e dúas persoas, número ampliable en función das necesidades derivadas do momento, que está a achegar novos demandantes de axuda ás oficinas do concello carballés.


 

Noticias web

28/04/2020