CRTVG

Buscar

A escola concertada mobilízase en Galicia contra a lei Celaá

Publicado o 22/11/2020 16:57

A manifestación de Vigo contra a nova lei de educación, a LOMLOE, foi as máis multitudinaria das que que se celebraron en Galicia. Había inscritos 700 vehículos. A plataforma Más Plurales, que agrupa asociacións de pais e nais e diferentes colectivos da escola concertada, convoca estas protestas. "Queremos que se paralice a lei Celaá, queremos un pacto de todos os partidos políticos", di Carla Bartolomé, voceira do Comité de Escolas Concertadas.

"A educación é de todos, das familias e dos profesores; é a eles a quen hai que escoitar", engade Miguel Areces, en representación das ANPAS da Escola Concertada.

Consideran que a lei Celaá atenta contra a "liberdade dos cidadáns e contra a pluralidade do sistema educativo".

As mesmas reivindicacións tamén na Coruña. Din que o Estado ten obriga por igual de financiar "adecuadamente os centros publicos e concertados". 

Ourense e Ferrol acolleron protestas en coches coma estas.

Noticias web

22/11/2020