CRTVG

Buscar

Importantes achados na sexta escavación no castro de Doade, en Lalín

Publicado o 27/05/2019 15:03

Dos tres puntos de traballo en que se divide a escavación deste ano no castro lalinense de Doade dous xa deron resultados relevante. O equipo de arqueólogos contratado polo museo Casa do Patrón está bastante satisfeito porque van cumprindo obxectivos, segundo explica a directora destes traballos.

A arqueóloga Vanesa Trevín, directora dos traballos explica que "na zona habitacional temos xa a sondaxe case preparada. Estamos a facer xa o rexistro final. Na zona do foxo temos unha especie de foxo híbrido; un mestura do descuberto o ano pasado e o de 2017 e tamén o temos rematado xa, o que nos dá un pouco de descanso para poder centrarnos na zona de entrada. Temos a esperanza de que poida aparecer algo relacionado coa zona de acceso".

De momento, teñen unha semana por diante para traballar nese terceiro obxectivo. Canto ao achado de materiais, seguiron encontrando máis cerámica e un elemento metálico que hai que estudar.

"Temos unha peza pequeniña de bronce que pode ser un pendente e cremos que vai ser a peza máis destacada deste ano", di a arqueóloga que dirixe a escavación no castro de Doade.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019