CRTVG

Buscar

A escaseza de médicos de familia en Portugal colapsa as urxencias

Publicado o 28/11/2019 15:20

Trátase xa dunha reclamación histórica en Portugal. O propio Ministerio da Saúde recoñece que hai, atención, 750.000 portugueses sen un médico de cabeceira asignado. Isto provoca que os doentes teñan que botar man das urxencias para que un doutor os atenda.

Segundo os datos que acabamos de coñecer hoxe, no centro e sur do país a metade dos usuarios das urxencias en realidade non van ao hospital por algo urxente.

A isto hai que engadir que os cidadáns que non teñen outro remedio que facer este mal uso acaban por carecer dun seguimento das súas enfermidades. Ben é certo que no norte do país a situación é moito mellor, de feito hai concellos na fronteira con Galicia onde todos os veciños teñen médico de familia asignado.


 

Noticias web

28/11/2019