A escaseza de examinadores deixa 15.000 galegos á espera da proba do carné de conducir
15.000 galegos agardan data para examinarse do carné de conducir debido á escaseza de examinadores. O problema arrástrase desde hai anos, pero este verán provocou un auténtico colapso.
As dificultades concéntranse no exame de circulación por estrada e sobre todo no do carné de camión ou autobús. A espera pode chegar aos seis meses, tempo dabondo para perder unha oferta de emprego.
E no verán o problema agrávase, xa que non se cobren as vacacións nin as baixas dos examinadores, impedíndolles ás autoescolas facer fronte á alta demanda deste período.
E se en Galicia hai 15.000 persoas agardando facer o exame, o total de España é de 800.000. Para as autoescolas a solución pasa por deixar que os examinadores fagan horas extra, pero na DXT aseguran que non teñen presuposto para pagalas.