CRTVG

Buscar

A Ertzaintza denuncia que se converte en obxectivo de pelexa cando vai disolver as concentracións prohibidas

Publicado o 27/07/2021 08:40

A Ertzaintza denuncia que guindarlle botellas se converteu xa nun acto máis de festa. Os incidentes na disolución de botellóns e concentracións prohibidas repítense desde hai días en distintos municipios vascos e provocaron xa varios axentes feridos. O Goberno cualifica de incívicos e insolidarios estes comportamentos.

Ainhoa Martínez: "Vas identificar catro persoas que están facendo algo ilícito, e cando te achegas de máis únense outros á festa e comezan os lanzamentos. Nós temos que actuar, hai que sancionar, porque están facendo algo ilícito. É moi complicado. E cando te ves superado en número e en medios, temos as mans atadas".

Noticias web

27/07/2021