CRTVG

Buscar

Investigan un caso de violación na localidade guipuscoana de Beasain

Publicado o 14/07/2019 21:01

A Ertzaintza continúa a investigar un posible delito de agresión sexual a unha moza cometido na noite do venres ao sábado na localidade guipuscoana de Beasain. Os feitos foron denunciados pola vítima.

Este domingo centos de veciños participaron nunha multitudinaria concentración convocada polo concello. Portaban unha pancarta na que se podía ler "Beasain di non á violencia machista".
Cun minuto de silencio, condenaron a violación e amosaron o seu apoio á vítima e á familia.

Polo momento non hai ningún detido. Investígase se foi un coñecido da muller quen a violou despois de seguila pola rúa e drogala.