CRTVG

Buscar

A Ertzaintza investiga como homicidio a morte dunha nena en Bilbao

Publicado o 17/01/2019 15:10

Foi unha irmá de 20 anos da vítima a que chamou os servizos de urxencias de Bilbao tras atopar a nena e a súa nai deitadas na mesma cama e aparentemente inconscientes. O equipo médico tratou de reanimar sen éxito a cativa de 9 anos; si o conseguiu coa nai que estaba en parada cardiorrespiratoria e á que trasladaron en estado grave ao hospital.

A Ertzaintza investiga o sucedido como un homicidio e busca indicios do que puido pasar na casa xa que non había sinais de violencia. As veciñas insisten en que non se especule co suceso. De todos os xeitos, e á espera da autopsia da nena, non se descartan outras hipóteses diferentes ao crime.
 

Noticias web

17/01/2019