CRTVG

Buscar

A ermida do Santo Rosario, en Oural, foi construída polo propio ermitán

Publicado o 31/05/2021 21:23

O coñecido como o ermitán de Oural fixérase popular nos anos 90 por construír coas súas propias mans unha ermida nun monte de Sarria.

Máis de 20 anos desde que a rematou e máis de 30 desde que comezara a construíla. Foi a obra e ilusión de Manuel Vázquez, coñecido como o ermitán de Oural, clara alusión á parroquia sarriá onde se atopa esta singular ermida. Inspirada en Gaudí polos anos que pasou en Barcelona e levada a cabo por unha especie de revelación nunha viaxe a Grecia.

A ermida do Santo Rosario arrastra problemas de humidades e de acceso ao lugar. De aí as cores, os cristais. O lugar fora inaugurado no 98 polo fundador do circo de Benposta e tivera no seu tempo certa notoriedade e visitas de turistas. Hoxe, aos problemas de acceso de hai anos, súmanselle outros novos.

Con todo, cando non hai goteiras, a ermida segue aberta ao público. Manuel, que tivo que facerse cargo de dous irmáns con diversidade funcional, non puido atendela todo o que lle gustaría. Porén quere amañala e retirarse alí para rezar rosarios.  

 

Noticias web

31/05/2021