CRTVG

Buscar

A epidemia afunde as bolsas

Publicado o 24/02/2020 15:05

O coronavirus fai caer as bolsas europeas e provoca o maior descenso do IBEX desde a votación do brexit. A peor parte está no mercado italiano, onde a bolsa de Milán se deixa un 4%. O IBEX tamén sofre, con perdas superiores ao 3%. Cotiza por baixo dos dez mil puntos, con todos os valores en vermello. As máis castigadas, as aeroliñas. Tamén cae con forza o prezo do petróleo. Pola contra, hoxe disparouse a compra de ouro.

A crise do coronavirus estase a notar nas axencias de viaxes, onde recoñecen que veñen moitos clientes con medo. Xa empezaron a recibir algúns que dubidan se cancelar ou non a súa viaxe a Italia.

 

Noticias web

24/02/2020