CRTVG

Buscar

A enquisa do CIS amplía a vantaxe do PSOE sobre o PP en máis de 13 puntos

Publicado o 17/09/2020 14:49
A enquisa do CIS amplía a vantaxe do PSOE sobre o PP en máis de 13 puntos

O 57% dos españois confía pouco ou nada na política do Goberno contra o coronavirus, fronte ao 31% que lle merece moita ou bastante confianza. É unha das conclusión do barómetro publicado hoxe polo CIS, que tamén inclúe estimación de voto.
Segundo esta enquisa, o PSOE volvería gañar as eleccións. Seguiría agrandando a diferenza co PP, ao que superaría en máis de trece puntos. Unidas Podemos substituría a Vox no terceiro posto e Ciudadanos subiría dous puntos. É o único dos grandes partidos que non perde apoios nesta sondaxe. Sánchez obtén a súaa peor valoración desde o inicio da pandemia.
 

Noticias web

17/09/2020