CRTVG

Buscar

A enésima oportunidade de Emre Mor

Publicado o 17/08/2020 21:19

O Celta está decidido a darlle a derradeira oportunidade a Emre Mor. Estaba previsto que esta mañá se unise aos seus compañeiros no adestramento, pero vaino facer mañá, tras someterse hoxe á última proba PCR para poderse incorporar con todas as medidas.

Así que, previsiblemente, a partir de mañá o dianteiro turco terá que comezar a esmerarse para demostrarlle a Óscar García que, ademais de ter talento, está implicado. Do contrario podería entrar no grupo de xogadores coas portas de saída abertas.

Noticias web

17/08/2020