CRTVG

Buscar

A endoscopia bariátrica corrixe sen cirurxía o 80% dos casos de obesidade

Publicado o 13/09/2018 21:27

Máis dun cento de especialistas participan en Madrid no V Congreso Internacional da Endoscopia Bariátrica. Este tratamento médico estase a converter nunha das alternativas máis demandadas polos pacientes con exceso de peso que temen someterse a unha intervención cirúrxica.

A endoscopia bariátrica é unha especialidade médica para facer fronte á obesidade e ao exceso de peso sen cirurxía aberta.

Ademais, os doentes deben someterse a un programa psicolóxico e nutricional intensivo durante, como mínimo, un ano.

No V Congreso sobre a Endoscopia Bariátrica que se celebra en Madrid, especialistas de 17 países presentan os últimos avances neste eido. Segundo a súa experiencia, o 80 por cento dos pacientes que se someten a este tratamento conseguen corrixir a obesidade ou o exceso de peso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2018