CRTVG

Buscar

A empresas do ocio nocturno poden pedir as novas axudas da Xunta a partir deste sábado

Publicado o 18/06/2021 21:18

A partir deste sábado as empresas do ocio nocturno poden pedir as novas axudas directas que concede a Xunta polo peche continuado que sufriron a causa da pandemia. As achegas irán desde os 7.500 euros ata un máximo de 35.000. A contía asignarase en función da superfice do local. En total, as empresas do ocio nocturno de Galicia repartiranse 4 millóns de euros, que é o orzamento desta nova liña de axudas. O prazo para pedilas remata nun mes.

 

Noticias web

18/06/2021