CRTVG

Buscar

A Xunta acorda cos concellos que SEAGA, a Empresa Pública de Servizos Agrarios, retire os niños de velutina

Publicado o 17/01/2020 08:53

Dez unidades e ata 80 efectivos da empresa pública Seaga farán fronte ás velutinas en Galicia. Co novo plan de control da avespa, asinado pola Xunta e a Fegamp, os niños serán retirados e destruídos nun prazo máximo de 5 días desde que o cidadán dea o aviso no 012.

Os equipos desprazaranse desde as 5 sedes de Seaga en función da demanda. Actuarán nos lugares máis accesibles e a menos de 25 metros de altura. As actuacións urxentes, con risco para as persoas ou necesidade de medios especiais, serán atendidas polos servizos de emerxencia.

Nove de cada dez concellos decidiron adherirse ao novo sistema de control, dotado con algo máis de 2 millóns de euros. Comezará a funcionar a partir da semana que vén, con tarefas de prevención antes da chegada de máxima actividade das velutinas.

 

Noticias web

17/01/2020