CRTVG

Buscar

A empresa ourensá UNVI fabrica autobuses 100% galegos que chegan a todo o mundo

Publicado o 13/03/2018 14:51

Conseguir que un vehículo cen por cento galego chegue a practicamente calquera recuncho do mundo, ese é o obxectivo da empresa ourensá UNVI. Destas instalacións do polígono industrial de San Cibrao das Viñas e da súa nave, na localidade portuguesa de Vilanova da Gaia, saen cada ano arredor de 550 vehículos que van parar a 35 países de catro continentes.

Dende países europeos ata outros máis afastados como Chile, Corea do Sur ou os Emiratos Árabes. Un grupo empresarial galego, con capital tamén cen por cento galego, que confía en seguir espallando o seu traballo por todo o mundo.

Despois de dous meses de montaxe, este autobús sae hoxe das instalacións de San Cibrao das Viñas con destino a Corea do Sur. É un dos moitos países cos que traballan nesta empresa ourensá. 
O 82 por cento do que fabrican sae das nosas fronteiras: un mercado cada vez máis amplo e esixente para o que resulta imprescindible, din, a innovación. 

Sen abandonar o mercado nacional, os seus autobuses circulan xa por máis de setenta cidades de todo o mundo. A súa principal inquedanza é que os seus vehículos sigan a conquistar o mercado sen perder a súa orixe cen por cento galega.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018