CRTVG

Buscar

A empresa Meifus traballaba para a automoción e agora elabora máscaras de protección

Publicado o 23/04/2020 14:42

Fabricaban para a automoción e agora elaboran produtos de proteción: en concreto, máscaras. A base é de madeira de perchas cedidas polo deseñador Adolfo Domíguez, mesturadas con policarbonato. Trátase dun material novo máis ecolóxico e con grandes potencialidades. Cederon 10.000 máscaras e agora vanas fabricar para a venda.

As entidades e institucións ás que se lles está cedendo o material son variadas.

Adolfo Domínguez fixo a doazón, consciente do importante papel que ten a responsabilidade social nunha empresa que pretende ser parte dunha sociedade avanzada e humanitaria.

Despoia do xesto altruísta, esta empresa con sede en Mos vai producir as máscaras de xeito industrial a un prezo de venda de dous euros trinta e cinco céntimos a unidade.

Noticias web

23/04/2020