A empresa galega Ecoener entra hoxe a cotizar en bolsa
Publicado o 04/05/2021 13:40

A empresa galega enerxética especializada en renovables Ecoener estreouse hoxe en bolsa. O seu fundador e presidente, o lugués Luis de Valdivia, foi o encargado de facer soar a badalada de saída.
Ecoener entra a cotizar en bolsa co obxectivo de conseguir 100 milllóns de euros para a súa expansión. Ecoener xestiona activos en tres continentes e ten proxectos en marcha en once países no campo da enerxía eólica, fotovoltaica e hidráulica.