CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A empresa de pneumáticos Continental prohibirá aos traballadores o uso de WhatsApp en teléfonos corporativos

Publicado o 06/06/2018 15:23

Usan o WhatsApp ou as redes sociais nos seus móbiles de empresa? Esta práctica podería ter as horas contadas despois de que varias empresas decidiran prescindir deste servizos alegando razóns de seguridade.

O fabricante de pneumáticos Continental vai prohibir a todos os empregados o uso de redes sociais como WhatsApp e Snaptchat nos móbiles corporativos da empresa co fin de protexer os datos dos traballadores e dos socios comerciais.

A compañía afirma que non remitirá a prohibición ata que ditas aplicacións posibiliten o seu uso dentro do novo marco da protección de datos. A decisión xera certa división de opinións na sociedade.

Algúns expertos posiciónanse do lado da empresa e recomendan que se empreguen correos corporativos ou servizos de mensaxería interna.

O certo é que non é a primeira empresa alemá que adopta esta medida. Xa en xaneiro de 2017 Deutsche Bank impoñía a mesma prohibición en servizos de mensaxería similares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí