CRTVG

Buscar

A empresa coruñesa Gato Salvaje traballa nun videoxogo con proxección internacional

Publicado o 13/03/2018 15:23

Desde o seu nacemento hai oito anos, a empresa coruñesa de videoxogos Gato Salvaje non parou de medrar. Agora están a traballar nun xogo con proxección internacional baseado en lendas e mitoloxías galegas. Agardan poder comercializalo en 2020, pero esta mañá xa fixeron un avance dos seis meses que levan dedicando a este novo proxecto.

Gato Salvaje afronta un novo reto para impulsar a industria do videoxogo en Galicia. E faino co proxecto 'The Waylanders', no que os 38 empregados deste estudio traballan desde hai seis meses e no que aplican innovadoras técnicas de captura en movemento.

Baseado en lendas e mitoloxías galegas, e cun presuposto cercano aos dous millóns de euros, o novo videoxogo está dirixido a un público adulto a través dunha historia de fantasía con temática de espada e bruxería. A comercialización de 'The Waylanders' está prevista para o primerio trimestre de 2020, e prevén contar con financiamento público e privado. Con el agardan posicionarse no mercado internacional.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018