A embaixada intensifica as xestións para liberar o barco retido en Conakry
Publicado o 08/05/2019 20:32
A embaixada española en Guinea Conakry intensifica as xestións para evitar que o pesqueiro galego Portomayor continúe retido no país. O armador do barco reuniuse esta mañá co embaixador. O representante español nese país pediu xa unha entrevista co ministro de Pesca.
Lembramos que o Portomayor está retido en Conakry dende o pasado 18 de abril. O armador denunciou unha empresa local por unha débeda e as autoridades guineanas non lle permiten agora descargar e vender o seu peixe.