CRTVG

Buscar

A EMA vai facer público o seu informe sobre a seguridade da fórmula de AstraZeneca

Publicado o 07/04/2021 15:36

Ás catro da tarde está previsto que comece a conferencia de prensa dos máximos responsables da EMA. Van facer público o seu informe sobre a seguridade da fórmula de AstraZeneca e concretar se está ou non relacionada cos casos de trombose dos que se están informando dende varios países europeos.

O veredicto vese empañado polas declaracións que fixo onte un dos responsables deste organismo, que asegurou que xa confirmaron o vínculo entre a vacina e a doenza. En todo caso, haberá que agardar polas conclusións oficias.

Tras oír o ditame, os ministros de Sanidade da Unión Europea van reunirse, telematicamente e de maneira urxente, para avaliar o contido dese informe e tomar decisións se fose preciso.

Noticias web

07/04/2021