CRTVG

Buscar

A Axencia Europea do Medicamento pronúnciase sobre a vacina de Janssen

Publicado o 20/04/2021 11:21

O ritmo de vacinación dependerá moito do que anuncie esta tarde a Axencia Europea do Medicamento. Presenta as súas conclusións sobre a vacina de Janssen. A EMA investigou 6 casos de trombos moi raros detectados en persoas que se vacinaran con Janssen nos Estados Unidos, onde case 7 millóns de persoas recibiron esa vacina. 

Nos Estados Unidos xa decidiron e o venres retomarán a vacinación co remedio de Johnson&Johnson.

España ten almacenadas as primeiras 146.000 vacinas de Janssen, que chegaron xusto cando a farmacéutica decidiu paralizar a distribución cautelarmente.

Toda Europa espera as conclusións e que será crucial para os plans de vacinación. Un pronunciamento favorable a esta vacina permitirá acelerar as inmunizacións, que se conseguen ademais, neste caso, cunha única dose.

 

 

Noticias web

20/04/2021