CRTVG

Buscar

A EMA decide sobre a vacina de Pfizer para rapaces de 12 e 15 anos

Publicado o 28/05/2021 14:50

A Axencia Europea de Medicamentos vai anunciar, dun momento a outro, se os adolescentes se poden vacinar con Pfizer.  

Nunha conferencia de prensa anunciarán se autorizan a vacina de Pfizer para os rapaces de entre 12 e 15 anos. Se se confirma, sería a primeira vacina autorizada para esa franxa de idade na Unión Europea.

Algúns países dano por feito e xa os incluíron no calendario de vacinación. Por exemplo, Alemaña, que está pendente da confirmación para comezar a vacinar os adolescentes a partir do 7 de xuño.

A farmacéutica di que as súas probas demostraron unha eficacia dun 100 % nese treito de idade e que os rapaces toleraron ben a vacina, en termos xerais.  

Noticias web

28/05/2021