CRTVG

Buscar

A elección do xurado popular atrasa o inicio do xuízo polo asasinato do alcalde de Polop

Publicado o 13/01/2020 19:52

A elección do xurado popular atrasa a mañá o inicio do xuízo polo asasinato do alcalde de Polop na Audiencia de Alacante. Sete acusados enfróntanse a penas de 25 e 27 anos de cadea polo asasinato do popular Alejandro Ponsoda, abatido a tiros no seu coche en 2007. O seu sucesor na alcaldía é un dos acusados como instigador do asasinato.

Número dous de Alejandro Posoda e ex-concelleiro de Urbanismo, Juan Cano é principal acusado. A Fiscalía sostén que o crime responde ao odio persoal que sentía contra o alcalde e compañeiro do Partido Popular.

Segundo a investigación, Cano e mais o empresario Salvador García, planearon o crime nun prostíbulo e encargáronlles o asasinato a dous sicarios checos. A acusación baséase na declaración dunha testemuña protexida, un antigo mercenario que asegura que rexeitou o encargo.

Cano e García enfróntanse a 25 anos de cadea como instigadores do asasinato xunto os donos do club. Os presuntos autores materiais do crime, un narcotraficante e dous sicarios, poderían sumar dous anos máis no cárcere por tenencia ilícita de armas. En 2007 Ponsoda recibiu tres tiros cando chegaba en coche á súa vivenda. Faleceu oito días máis tarde no hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2020