CRTVG

Buscar

A elaboración dos bombos de Entroido de Viana, tradición e seis meses de traballo

Publicado o 25/02/2019 21:47

Seis meses de traballo tardan en darlle vida a cada un dos bombos que atronan os folións do Entroido. En Viana do Bolo a súa elaboración artesanal pasa dunha xeración a outra nun traballo que require maña, tempo e paciencia a partes iguais. Todo, din, pola festa das festas, a que levan todo o ano agardando.

Soa con forza o folión no xoves de compadres. E moitos deses bombos que agora atronan saíron das mans de artesáns coma estes de Mourisca, no concello de Viana. Un traballo que se vai cocendo de a pouco durante todo o ano. Aquí de nada valen as présas. E para ese traballo de meses non hai que escatimar en materiais: utilizan pel de cabra e madeiras de chopo, nogueira, cerdeira ou castiñeiro.

A experiencia aquí é un grao. Ceferino sae co folión desde os sete anos. Grandes e pequenos participan da festa. Agora xa só lles quedan dous bombos por rematar. Acabou o traballo e comeza o bo, o que levan agardando todo o ano: os días grandes do Entroido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2019