CRTVG

Buscar

A elaboración artesanal das pantallas de Xinzo leva un mes de traballo

Publicado o 27/02/2019 21:52

Puidemos velas o pasado domingo en Xinzo de Limia celebrando o corredoiro. As pantallas toman as rúas deixando claro quen reina estes días de festa na vila. Poucos son os artesáns que aínda se dedican a fabricalas. E os que o fan, fano seguindo fielmente a técnica que aprenderon xeración tras xeración. Cada unha destas máscaras leva a súa sinatura e un sentimento, din, difícil de explicar.

Pensar no Entroido de Xinzo é facelo nas súas pantalllas. Símbolo do seu Entroido, mans como as de Juanjo son as encargadas de darlle vida cada ano dende hai décadas. Papel de xornal, un sombreiro de feltro, pintura, tea e moita imaxinación son os ingredientes básicos. Pero, sobre todo, a técnica aprendida de xeración en xeración.

Ata un mes de traballo pode levar cada unha destas pantallas. Di que goza facéndoas, pero sobre todo vestíndoa. E agora mira con optimismo cara ao futuro porque di que tamén os seus fillos de a pouco van aprendendo o oficio. Quererlle o Entroido coida que vai xa no ADN de todos os limiaos.









 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019