CRTVG

Buscar

A economía galega medrou un 2,8% en 2018, por riba da media española

Publicado o 28/02/2019 20:27

A economía galega creceu un 2,8% o ano pasado, tres décimas por riba da media do conxunto de España, segundo o Instituto Galego de Estatística. Tamén medrou o gasto en consumo final, impulsado polo dos fogares e polo das administracións públicas.

O produto interior bruto de Galicia medrou en 2018 un 2,8% respecto do ano anterior. Os incrementos do PIB foran superiores en 2016 e 2017, con taxas do 3,4 e do 3,2%, respectivamente.  

Con todo, o crecemento económico de Galicia superou en tres décimas a media española, segundo os datos que acaba de publicar o Instituto Galego de Estatística.

Durante o exercicio pasado, a comunidade autónoma creou 18.880 empregos a tempo completo, cunha alza destacada da formación bruta de capital. 

Medrou, tamén, o gasto en consumo final un 2,2%, seis décimas máis ca o ano anterior. Este aumento estivo impulsado tanto polo gasto dos fogares coma polo das administracións públicas.

As exportacións de bens e servizos frearon o seu aumento ata o 3,4% fronte ao 5% experimentado tanto en 2016 coma en 2017.

 

 

Noticias web

28/02/2019