CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A economía arxentina afronta unha notable deterioración no que vai de 2018

Publicado o 29/06/2018 21:24
A economía arxentina afronta unha notable deterioración no que vai de 2018 cunha depreciación da súa moeda que roza o 30 % no que vai de ano, unha inflación moi por riba da prevista polo Goberno de Mauricio Macri e unha conxuntura internacional que presiona os seus mercados. Un equipo desta casa estivo cun grupo de empresarios galegos residentes no país austral para que nos conten como lles está a afectar a eles esta situación.







A economía arxentina está a sufrir unha forte desaceleración e a incerteza das últimas semanas prexudica especialmente o empresariado.
Jorge Rodríguez, de Caldas de Reis, é fundador dunha importante cadea de confeitarías en Bos Aires. Os anos de experiencia fan que combata a caída do 20 % nas vendas con compras máis eficientes.

Cunha poboación acostumada a aforrar en dólares, o inmobiliario é outro dos sectores que máis depende do prezo da divisa estadounidense.



Todos superaron xa outros embates da economía arxentina e aínda que son optimistas, agardan cambios en profundidade para que o país volva ser unha potencia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

29/06/2018