CRTVG

Buscar

A DXT retoma os exames para obter o carné de conducir cun novo protocolo de seguridade

Publicado o 04/06/2020 15:40

A DXT retoma os exames para obter o carné de conducir cun novo protocolo de seguridade. Na fase 2 volveron as probas teóricas e tamén algúns dos exames prácticos.

Ata a fase tres non se retoman os exames prácticos para obter o permiso de conducir. Pero hai excepcións, como os candidatos que xa tiñan cita para realizar a proba antes do estado de alarma. Eles estano a facer esta semana e estrean un novo protocolo de seguridade co que previr contaxios. Por exemplo, agora as explicacións fanse fóra do vehículo e mantendo a distancia social, dentro só poden ir o examinador, o profesor da autoescola e o candidato, todos con máscara e luvas.

Cando remata a proba, o coche ventílase e desinféctase para recibir o seguinte alumno. Cos mesmos nervios de sempre, pero con novas medidas de seguridade anticovid.

Examínanse con máscara e luvas, e escoitan as explicacións fóra do vehículo. Dentro limítase o número de ocupantes e, ao rematar, toca desinfectar e ventilar.

Segundo a DXT, unhas 400.000 probas quedaron sen facer por culpa do confinamento. Para recuperar o atraso, haberá exames durante todo o verán.

 

 

Noticias web

04/06/2020