CRTVG

Buscar

A DXT reparte chalecos entre os peóns para concienciar da importancia de ser vistos

Publicado o 28/10/2019 15:40

A DXT comeza hoxe unha nova campaña nas estradas galegas. Desta volta, os principais destinatarios son os peóns. Nas vindeiras semanas vai repartir uns 600 chalecos reflectores para concienciar os peóns da importancia de seren vistos cando camiñan polas estradas.

A campaña coincide coa redución de horas de luz e ten especial importancia en Galicia, porque a nosa é unha das comunidades onde se producen máis accidentes deste tipo, pola dispersión e envellecemento da poboación e tamén polas características das estradas. De feito, o ano pasado, catorce persoas morreron atropeladas no país. 

A campaña tamén lles recorda aos condutores a obriga de levar chaleco ao saír do coche, a reducir a velocidade se hai peóns e prender as luces nos días nos que, coma hoxe, o tempo non acompaña.

Noticias web

28/10/2019