CRTVG

Buscar

A DXT realiza unha campaña especial de control de camións e autobuses

Publicado o 08/02/2021 15:10

Controlan que os camións e autobuses que circulan polas estradas galegas o fan en condicións óptimas de seguridade. "Temos que ter todo ben. Documentación, se vas baleiro, se vas cargado, se vas sobrepasado", di este camioneiro

A DXT intensifica a vixilancia de vehículos pesados nunha campaña que analiza varios puntos clave. O axente Héctor Teixeira concreta: "pneumáticos, luces, tempos de condcción e descanso."

Canda a velocidade á que circulan e a documentación, verifican os equipamentos de seguridade. "Só miraron se ía cargado ou baleiro, nada máis". Tráfico explica que verifican "Se está ben suxeita para evitar desprazamentose coorimentos da carga que poidan afectar á estabilidade do vehículo e provocar a perda de control nunha curva ou en calquera outro sitio"

Polas súas dimensións, estes vehículos provocan accidentes máis lesivos nas estradas. Segundo os datos da DXT, en 2019 houbo máis de 8.000 accidentes en que estiveron involucrados camións ou autobuses. Deixaron trescentos falecidos.



 

Noticias web

08/02/2021