CRTVG

Buscar

A DXT realiza unha campaña de control de velocidade con especial atención ás motos

Publicado o 12/07/2021 11:57

Os excesos de velocidade están detrás de un de cada catro mortes nos accidentes de tráfico. Evitalo é o obxectivo da campaña de control de velocidade que estes dias desenvolve a DXT e se centra nas vias convencionais, nas encrucilladas por onde pasa o Camiño de Santiago, nos puntos conflitivos. Prestarán especial atención ás motocicletas porque preocupa o aumento da sinistralidade nestes vehículos.

Antes de emprender viaxe podemos consultar a situación dos radares fixos e móbiles na páxina web da DXT. A tendencia é a empregar cada vez máis sofisticados dispositivos móbiles, como os velorradares ou drons nestes controis.

E é que cando nos poñemos ao volante a atención debe centrarse na conducción, e máis en dias coma hoxe co tempo adverso. Evitar distraccións e respectar os límites evitará accidentes e tamén sancións.

Noticias web

12/07/2021