CRTVG

Buscar

A DXT prevé preto dun millón de desprazamentos en Galicia pola ponte festiva

Publicado o 14/08/2019 15:52

 Case un millón de desprazamentos pola rede viaria galega. É a previsión da DXT para a operación especial desta ponte.Comeza a operación especial do 15 de agosto, que se prolongará ata a noite do vindeiro domingo. A DXT prevé preto dun millón de desprazamentos na comunidade. Ademais Tráfico avisa dunha trintena de puntos conflitivos na rede viaria galega, case a metade na provincia da Coruña Unha ponte en que tamén se intensifican os controis de velocidade, alcol e drogas.

A DXT pon en marcha un operativo especial con motivo da ponte de agosto, en que só en Galicia agárdanse case un millón de desprazamentos, o 12% dos que se esperan no conxunto do Estado. Haberá máis patrullas nas estradas e un maior numero de controis de velocidade, alcol e drogas.

Só nos próximos catro días 120 parroquias galegas celebran as súas festas patronais. Calquera condutor pode ser sometido a unha destas probas, que se realizan principalmente nas zonas de maior risco.

Non está permitido superar o 0,25 da taxa de alcolemia, e por riba do 0,65 considérase un delito contra a seguridade viaria. A operación especial de tráfico prolongarase ata o domingo á noite.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/08/2019